jueves, 18 de abril de 2013

CIDADE DE PONTEVEDRA: ILUSIÓN E VIDA


CIDADE DE PONTEVEDRA
ILUSIÓN E VIDA
UNHA ILUSIÓN COBRA VIDA
Percorrendo o teu colo,
unha ilusión cobra vida,
pois síntoche pedazo,
da miña alma magullada,
reparo no meu recordo
soñando darche cabida.
Marchando polo teu Ser,
O Peregrino achégase,
ao Santiago apaciguador,
bicándolle a man o santo,
que calma o seu pesar,
intercedendo co seu Don.
Beben nas túas fontes,
adurmiñando ao teu cobixo,
acougando os seus folgos,
ao longo do Camiño.
Es Capital Peregrina,
acochegada á igualdade,
coma unha alma beata,
pescudando a ansiada Paz.
San Bartolomé e San José,
unxente coma divina,
A nosa Dona da O,
Señora dos seus vástagos,
aos que garda con mimo.
Xentíos cólmana,
de Santos Desexos,
ao seu fillo, O Nazareno,
róganlle  os seus benditos favores.
San Francisco, alimenta a o pobre,
a través das mans humildes
dun santo vestido de monxe,
buscando serenar os corazóns.
Un prato de sopa, ou un cocido,
todo iso, calma o buche baleiro,
que logo prosegue a súa marcha,
ao longo do Santo Percorrido.
Este peaxe tan fermoso,
como de xamais meniñas viron,
leva por nome Pontevedra,
onde todo viajante calmo,
é un valorado camarada.
Mais eu non son peregrino,
si non fillo das túas vésceras,
deben ser parellas,
as xentilezas que ei de ter contigo.
Polas túas rúas,
aprendín a valerme coma homo,
coñecín a liberdade,
dos seres inmaculados,
en Venerada Felicidade,
para os que a vida é pulcra,
e está chea de bondade.
Por elo, Pontevedra Sacra,
este corazón agradecido,
desexa anunciarche sincero;
- o mellor da miña vida,
xurdiu a sombra do teu abrigo,
atribución merecida para dicirche,
que sempre iremos da man.

PONTEVEDRA É UNIVERSAL

Baixo o teu espectro luminoso,
a desigualdade está indefensa,
pois de todos es tutora,
da persoa desvalida,
a pasiva ou a emprendedora.
Percorrer as túas rúas,
é gozarche sen frenada,
apreciar escaparates,
un pracer certeiro.
Nas túas prazas centenarias
habita o grato recordo,
cada unha bautizada,
cun nome refraneiro,
a de La Leña,
sempre fogareña.
A Praza da Verdura,
A Pedreira, La de la Estrella,
dá gusto conquistalas,
cada cal, máis agraciada.
San José, Oito de Marzo,
Teucro mitolóxico,
A de Galicia, pola Patria,
e a de España,
Ou as Cinco Rúas,
todas docemente enxolladas
con fermosos detalles.
Nelas habitan as terrazas,
delas comen os bares,
a humanidade decóraas,
con sorrisos exemplares.
Pontevedra é universal
Adultos e mozos,
amantes e poetas,
artistas e atletas,
persoas discapacitadas,
maiores e traballadores
realistas e soñadores.
As barreiras, fuxen leprosas,
dun pobo en busca de igualdade,
facían as vidas pecaminosas,
e foron borradas pola modernidade.
Xa poucas quedan,
sombras na escuridade,
pois se saben perseguidas,
por gran parte da sociedade.
III

DIVINO UNIVERSO

Nas túas galerías,
declarei o meu amor,
como poeta frustrado,
a unha gavacha fermosa,
que a pesar do seu titubeo,
aceptou con desenfado.
A miña alma vibrou gozosa,
coma teclas dun piano,
que descobren a melodía,
do artista máis afortunado.
O meu corazón recitou ópera,
crendose tenor namorado,
plasmando na memoria,
a nostalxia sempre apaixonada,
da máis bela historia,
coa que foi agasallada.
Por iso douche mil e unha grazas,
pra min es divino universo,
e con outras tantas reverencias,
coa miña vida adórote.
Pois como carezo de deus,
ningún ídolo habita en min,
só seremos nós os dous,
na luz, na escuridade,
na guerra e na paz,
seremos seres encontrados,
nunha unión agraciada,
con a formúla da felicidade.
Es miña, son teu,
somos polos imantados,
que por moito tirar,
nunca poden ser separados,
polo destino nin o azar.
Eu, sinceramente, ámote,
somos como a onda e o mar,
nunca nos separamos,
e só xuntos, sabemos bailar.
IV

SOÑÁBATE NA FIESTRA

Nun intre lóstrego,
o destino acuchillábame,
con sinistro odio afiado.
A miña mente, allea cavilaba,
a formúla do máis sabio,
aquela que te conquistaba.
Aquel momento ao teu lado,
o saber canto che desexaba,
o meu corazón tan acovardado
ría, reflexado na túa mirada,
coma un cachorro asustado.
Entón divaguei o verso,
como a senda acertada,
pois, como afecto decoroso,
coa parrafada non chegaba.
Longo tempo, cavilou o xuízo,
este corazón apremiábao,
non era un reto espontáneo,
a túa estima valorábase o alza,
nunca gañaría o fraudulento,
cunha finalidade descarreirada.

En pouco tempo,
a idea foi modelada,
un ser ía crecendo,
como a norma manda.
Xestouse nun verán,
era a pracenta axeitada,
e soando Novembro frío,
campaneaba a hora axeitada.
A choiva punzante picoteaba,
finados como santo recordo,
eu soñábate na fiestra,
e co bafo espíate
nunha imaxe desfigurada.
Xurdiu do desexo un verso,
crinme un deus ante a nada,
as ideas fóronse apilando,
nunha estantería acalorada,
meu corazón foi palpitando,
de xeito máis acelerado,
souben que era o momento,
ao meu arredor todo bailaba,
entre pantalla e papiro,
soltei unha forte risotada,
o poema non era un mito,
senón, realidade condensada,
os dedos xa tiñan ritmo,
o xogo, o fin, comezaba.
V

NON COÑECERÁ O ESQUECEMENTO

Moitos ollos mirábanme,
Roffinac, Castelao,
Monteiro Ríos,
Pondal, o poeta,
Valle-Inclan, Torrente,
¡Cantos Recordos,
Canta Xente!
Todos esenciais,
afamados e recoñecidos,
pois a súa pegada deixada,
non coñecerá o olvido.
Todos eles, vestironte
de luces e honras,
xamais te esqueceron,
sobrando as flores.
Está no meu saber,
que os meus versos son pobres,
pode que mendigos das letras,
nunca gozarán de honras,
nin ilustrarán as gacetas.
Son trobador anónimo,
a miña sinceridade é refrescante,
como a auga do manantial,
e sen desexar ser un Pintos,
Panero, ou Pondal,
este humilde poeta ruador,
escríbeche con humildade,
amor, disciplina e esmero.
J. Sergio González.
Versión Galega.
17/06/2012
Poema original
17/11/11

No hay comentarios:

Publicar un comentario

POEMA CONTRA EL MACHISMO

  TÚ, GRAN MUJER   Tú, gran mujer, que tanto tienes por decir, con mil metas por cumplir, con todo por hacer,   Tú, gran mujer, tienes mucho...