jueves, 25 de noviembre de 2021

NON SON ANIMAL DOBREGADO

 

NÉGOME

 

Négome a ser domado,

non son cabalo no dobrar,

non son carne do mercado,

son ser libre imaxinando a mar,

mentres cabalgo polo recordo,

entre a morriña e teu mirar.

 

Mirar doce coma a nata,

que vixía con mimo meus camiños,

faga sol, vento o choiva,

trátasme coma uns dos teus meniños,

o teu colo sempre me consola,

entre bágoas e ternos agarimos.

 

Máis non me verás dobregado,

nin metido en cintura allea,

só o morto permanece calado,

non naceu o deus, no que eu crea,

rei ou goberno que oprima meu pescozo

entre o feo golpe e a tenue caricia.

 

Négome a ser domado,

teño poder e decisión,

teño voz e tamén voto,

teño saber e educación,

son dono do meu destino,

son poeta da miña canción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PLAZAS PMR

  CAMPAÑA DE MOVILIDAD ASPACE GALICIA 2025   Por JOSÉ SERGIO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ   Del 15 al 21 de Septiembre de 2025 fue la fecha elegida po...