lunes, 21 de marzo de 2022

EXERCICIO POÉTICO

 
POETA A DERIVA
 
Son poeta a deriva,
cada letra e unha dor,
a morte é a palabra,
e o negro a miña cor.
 
Son orfo de toda musa,
o medo e meu signo
soño, verte sen a blusa,
e acariciarte con mimo.
 
Teño medo, a túa negación,
son un gozoso escravo do bico,
e romperíame o meu corazón,
non poder gozar do teu abrigo.
 
Amo o teu peito, a túa pel,
a cor azul dos teus ollos,
ámote na noite e nos leitos,
os teus beizos son doce mel.
 
Ámote, pero non son poeta,
ámote, máis non sei bicar,
son aprendiz da túa virtude,
es a sal que habita o meu mar.
 
José Sergio González Rodríguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ESTRELLA DE NOVELA