miércoles, 20 de octubre de 2021

A EXISTENCIA

 

VIDA E MORTE

 

Sóñote tensa cada noite,

fría como o xeo do norte,

solitaria como a sombra,

temerosa, chámante morte.

 

Es o fin de cada un de nos,

a xusticeira definitiva do mundo,

ninguén esquiva a túa porta,

esa que un sempre traspasa só.

 

Eu témote, pero sei que cando chegues,

non estarei aquí para abrirte as portas,

o ti ou eu, pero xamais faremos migas,

sempre serás a dama torta nas festas,

 

unha muller con cara de pau sarnoso,

ninguén sacarate a pista do baile,

se non é para aliviar a súa dor,

ningún home levantarate a saia,

 

pois todo o que tapas, causa sopor.

A morte, a democracia definitiva,

esa que fai traxe o rico e o pobre  

o sabio, o ladrón... e tamén a dama.

O neno, o famoso, o asasino,

a puta, o Papa e tamén o rei,

es meta dende cada nacemento,

coma o choro do meniño famento,

 

unhas veces ves silenciosa na noite,

coma esa pantasma na que ninguén cree,

outras causas dor e desfeitas no corpo,

facendo do sufrimento o teu estandarte.

 

Pensar en ti, impídeme bailar o día,

temerte, viste as miñas noites de inferno,

o día que escoite a son do teu corno,

saberei que é o fin da miña pésima vida.

 

 

José Sergio González Rodríguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

POEMA CONTRA EL MACHISMO

  TÚ, GRAN MUJER   Tú, gran mujer, que tanto tienes por decir, con mil metas por cumplir, con todo por hacer,   Tú, gran mujer, tienes mucho...