Galiza, terra dos meus amados devanceiros,
no teu ventre so
formou o meu ego de ferro,
polas túas terras
forxei o meu destino,
para ben ou para
mal, miña sorte camiña contigo.
Es esa nai
virtuosa que todos queremos,
patria de xente de
bo corazón,
forzar e un pobo
que avanza unido,
en busca dun
futuro coma Nación Libre.
Quérote, ámote,
como soamente a liberdade o fai,
coma soamente un bo
fillo, ama a súa nai,
a túa vontade e
saber, confío o meu destino,
pois no teu seno
desexo conquistar a mina dita.
Quérote Galiza,
pero miñas palabras coxean a xenialidade,
non sou dono da
lírica dos ilustrados,
aquel que tan ben
vestían Rosalía ou Curros,
non, eu non son un
trobador das letras galegas,
soamente un amante
da túa beleza perenne,
que descoñece que
vocábulos definen mellor a túa virtude.
Galiza, Galiza do
meu corazón,
virtude que me
viste de festa,
patria que alenta
meu sorriso,
soamente ti logras
que vibre de gozo,
a túa figura muda
os meus egos,
mentres che
contemplo pola miña fiestra.
En ti namorei,
ela é una francesa
que botou gozo
sobre min,
enderezou meu
camiñar,
ensinoume os dons
do amor,
o valor da
sinceridade,
ata facerme home
virtuoso.
Ela e a nai dos
fillos que nunca teremos,
a compañeira onde
choro meus lamentos,
a miña felicidade e
o meu sorriso.
Galiza, beleza
entre picos,
frescura en cada
intre,
terra de meigas e
santas compañas,
onde as lendas
visten as fraguas,
terra de historia
máxica que nos une,
de vida e tamén de
morte,
terra onde me
criei.
Terreo de lobos, e
raposos,
de carballos
vestindo xardíns,
terra que bican
meus pes,
mentres desgastan as
punteiras das miñas botas.
Galiza, irmá
inmaculada da portuguesa,
coa a que
compartes o gran Miño,
no que os meus pes
se refrescan.,
antes de proseguir
o meu camiño.
Terra celeste,
bandeira branca e azul,
quérote nun
silencio que me doe,
mentres bico os
teus vellos pinos,
cheiro os teus
perfumes naturais,
e tomo descanso
nos teus campos,
ou saboreo una das
túas mazás.
Porque es Edén nos
meus soños,
arma que carga os
meus desexos,
aire limpo que me
visita cada mañá,
dias saudándome
desde o infinito,
invitándome a
responderche o teu sorriso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario