lunes, 14 de marzo de 2022

POEMA SEN TÍTULO

 









Namorei dun ánima de ferro,

caída do alto da Torre Eiffel,

que bateu no meu corazón mudo,

ata enrolarme coa forza do mundo

nunha manta de sal e mel.

 

Agora son preso do dominio,

devoto dunha deusa pagán,

  fíxome escravo do seu afán,

acicalada con estilo e mimo.  

 

Loito por lograr non quererte,

mais habito unha gaiola sen saída,

 poderosa e sempre dominante,

gobernas meu corazón indulxente,

entre as cinzas da miña caída ánima.


José Sergio González Rodríguez.

   

2 comentarios:

  1. E moi difícil amar así, e sentirse igual de amado. pero ese mesmo amor e tan cruel como inmenso, e así meu compi, pasan os días, os meses e os anos, esperando ese momento de amor que nos diga que todo valeo a pena.
    Un abrazo, e por suposto que te entendo

    ResponderEliminar

PLAZAS PMR

  CAMPAÑA DE MOVILIDAD ASPACE GALICIA 2025   Por JOSÉ SERGIO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ   Del 15 al 21 de Septiembre de 2025 fue la fecha elegida po...