lunes, 14 de marzo de 2022

Un ano soamente é unha volta da terra ao sol

 QUINCE VOLTAS O SOL

 

Xuntos levamos quince voltas o sol,

cos seus sorrisos, con a súas bágoas,

agoras que se solapan sen retorno,

ata alcanzar unhas memorias alleas.

 

Vertémonos sorrisos disfrazados de malicias,

mentres buscábamos a compañía do outro,

bicámonos, mimámonos como dúas ánimas,

buscando o amor perverso nas nosas mans.

 

Paseamos o carón da ría,

acariciábamos ocultos entre os camións,

regaleite cada miña caricia,

entre bicos vestidos de paixón.

 

Entrelazábamos os nosos ollos na alameda,

e mentres víamos os meniños na rúa,

a miña mao acariciaba o teu peito baixo a camisola,

e eu, oraba o ceo, para que nos visitase a lúa.

 

Vivimos mortes que ninguén quería,

choramos, e loitamos polo noso futuro,

para que o tempo no me roubase a túa compaña,

mentres eu soñaba con ser o teu Rei Arturo.

 

Quince voltas o sol, que parecen un sorriso,

un instante que nunca deixa de suceder,

onte, hoxe e mañá… ¡Quen sabe…!

agora e sempre, xuntos ata un novo amencer. 

 

Quérote, oxalá, te deixes querer…

                                   

                                    A Mayka, meu amor.

 

José Sergio González Rodríguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

POEMA CONTRA EL MACHISMO

  TÚ, GRAN MUJER   Tú, gran mujer, que tanto tienes por decir, con mil metas por cumplir, con todo por hacer,   Tú, gran mujer, tienes mucho...