Por
José Sergio González Rodríguez
O pasado 17, 18 e 19 de setembro tivo lugar na cidade de Pontevedra a II FEIRA DA SAUDE E O BENESTAR, PONTESAN. Durante toda a fin de semana unha carpa instalada na Praza de España, serviu para acoller diferentes actividades coma obradoiros, unha andaina, ou charlas sobre saúde nas que se falou de alimentación, cociña, exercicio... pero tamén, coma non podía se de outra maneira, do Covid-19, das vacinas, e de coma este virus modificou as nosas vidas e costumes, e tamén coma a hixiene ou distancias de seguridade son as mellores ferramentas de prevención e exterminio do virus. Ademais déronse charlas coma “Psicoloxía positiva en tempos de incerteza”, , e tamén se levou a cabo unha Andaina Solidaria PONTESAN, que formaron parte das actividades que se levaron a cabo ao longo da fin de semana. Pero houbo máis, desde varias xornadas antes fóronse celebrando outras charlas, coma a que deu a Asociación Española contra o Cancro, sobre os programas e servizos co que conta esta entidade para os afectados por estas enfermidades, ou una charla sobre os Beneficios da Fisioterapia na discapacidade, impartida por Marta Reboredo, da Asociación Juan XXIII, por lembrar algunhas delas xa que a lista e moi numerosa e interesante.
O espazo que ofrecía a carpa, foi aproveitado polas diferentes
entidades para montar os seus postos e poder ofrecer ao público información
sobre as diferentes patoloxías alí representadas, entre elas tíñamos nomes coñecidos
coma; AECC, COGAMI, AMENCER-ASPACE, o Programa de Ciclismo Adaptado RODANDO, ASEII, XUNTOS...
Se levaron a cabo obradoiros abertos a tódolos públicos
durante toda a fin de semana, e que no caso de Amencer-Aspace compartimos espazo
co Programa Rodando, fixemos chapas e o obradoiro de pintura a Cor das Emocións
na que participaron varios usuarios así como asistentes á feira.
Un evento cargado
de saúde que se puido levar a cabo grazas ó Concello de Pontevedra, á
Deputación de Pontevedra, á Universidade de Vigo... que nos brindaron o seu apoio
para poder celebrar a Feira. ¡Moitas grazas a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario