O programa inclusivo Rodando unirá Santiago de Compostela e Fisterra
O programa inclusivo Rodando, impulsado por Amencer-Aspace en colaboración co Concello de Pontevedra, intentará completar a distancia entre Santiago de Compostela e Fisterra. As camiñadas desenvolveranse en cinco etapas, unha por mes.
A primeira será este domingo, 13 de febreiro. O itinerario constará de 17 kilómetros, os que separan Santiago de Ponte Maceira. Os camiñantes pasarán por Sarela de Abaixo, Alto do Vento, Lombao, Augapesada, Trasmonte, Ponte Vella, a capela do CArme e o Pazo de Baladrón.
En total percorreranse máis de 85 quilómetros. O resto de etapas serán Ponte Maceira-Cornado (en marzo), de 15 quilómetros; Cornado-Olveiroa (abril), de 18,5; Olveiroa-Cee (maio), 19,5; e Cee-Fisterra (xuño), de 15,4.
A iniciativa está enmarcada dentro do proxecto A vida é movernos, e foi presentada este xoves pola mañá nun acto no que estiveron presentes o tenente de alcalde e edil de Deportes, Tino Fernández; o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey; a coordinadora de Rodando, Silvia Rey; o voluntario Fran Valiñas; e os usuarios de Amencer Sergio González e Jenner David Ludeña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario