martes, 9 de noviembre de 2021

O CAMIÑO


O Camiño é ilusión e esperanza, firmeza e superación, unha aventura na que me guían meus pés. Ando recorrendo a miña Galiza, na procura do meu Deus, ese o que prego pola súa intercesión na miña vida cada noite, cando xa no leito, vou na procura dos soños. ¡Cada mañá, doulle grazas por un día máis de vida! Por que El e Deus, o que todo o pode, o noso pai milagreiro, amor eterno, e tamén guía perpetua dunha vida bañada en virtude. Eu quero seguilo, e aínda que son débil, que peco, e caio o chan unha e outra vez, sei que El sempre está a miña veira, perdóame e socórreme cada vez que o necesito, sempre me é leal, me quere, me escoita e me consola, por iso pese os meus desvíos temporais, sempre trato de volver o seu lado. O Camiño de Santiago é a miña redención, polos pecados cometidos, polos que poida cometer, e o meu sacrificio de fe, e unha mostra de amor perpetuo o meu Deus Yahvé. Non sei se lograrei rematar meu obxectivo, pero desde logo, penso intentalo con ilusión, sen medo e sobre todo, con moita fe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

PLAZAS PMR

  CAMPAÑA DE MOVILIDAD ASPACE GALICIA 2025   Por JOSÉ SERGIO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ   Del 15 al 21 de Septiembre de 2025 fue la fecha elegida po...