martes, 8 de marzo de 2022

A METADE DA VIDA

 


















CANSO

A metade da vida...

 Estou canso,
a dor conquístame con ira,
non hai repouso,
soamente loita e duelo,
ela gaña,
eu vou camiño da derrota,
chega a noite, non durmo.
 
Teño medo,
sinto ira contra meu espectro,
xogamos os dados xuntos,
el, gaña, eu perdo,
son intres escuros,
¡Non sei que facer!
Sigo xogando, non durmo.
 
Leo,
non quero durmir,
temo non espertar,
xogo,
teño ganas de cuspir,
vou cagar,
durmo.
 
Mañá é outro día,
¿mais dor?
Tal vez...

J. Sergio González Rodríguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TALLER DE GALLETAS EN EL CENTRO DE DÍA AMENCER ASPACE

En El Centro de Día AMENCER-ASPACE decidimos empezar el año de una manera similar a como lo terminamos, comiendo dulces y demás productos tí...